viernes, 3 de abril de 2020

QUEN ME RECIBE? 3/04

Como vos dixen antes, é máis que problable que sigamos en casa. Aínda non temos instrucións concretas de que facer no vindeiro trimestre, se se avanzarán contidos, se seguirán os repasos e reforzos...

Cando vexo o número de visitas ás diferentes entradas do blog, deduzo que non todas as familias están mirándoas porque algunhas entradas non chegan ás 16 visitas. Certo é que o número de visitas vai subindo conforme pasan os días, polo que igual o que fan é dosificar o material (ben feito, xa vos dixen que non era necesario facer todo cada día). Tampouco sei se o número de visitas medra porque hai quen se mete moitas veces... Por se acaso e para asegurarme de que este blog está chegando a todas e todos pídovos o seguinte:

-ENVIADE UN EMAIL A mercedesclasesinde@gmail.com PARA SABER QUE PODEDES VISITAR TODO O QUE SUBO AO BLOG. Nel, simplemente, dicídeme que tedes acceso. Así tamén eu podo ter un directorio cos vosos emails.

Con "visitar" ou "ter acceso" non falo de imprimir follas despois, xa sabedes que non é necesario e que calquera tarefa pódese facer nunha libreta. Refírome a poder ver as tarefas diariamente.

-->Se vos enterades dalgunha familia que teña problemas de acceso, dicídemo e tratade de facilitarlles como acceder ao seu correo electrónico. Lembrádelles que, se tedes whatsapp, teñen aberta unha conta de correo en gmail, polo que sería cuestión de lembrala e/ou recuperar o contrasinal se o esqueceron.

Xa volo comentaba ao principio, non sabemos como imos ter que facer no terceiro trimestre mentres esteamos en casa. Pero prefiro saber desde xa con que recursos contamos.

Saúdos e grazas pola vosa colaboración.

Bos días 3/04

Bos días familias!
hoxe é o último día antes das vacacións. Sabedes que eu non adoito mandar tarefas para os períodos vacacionais. Non obstante propoño, coma sempre, ler diariamente, non perder o hábito de escribir e traballar o cálculo, mentalmente ou nunha folla.
Aconsello o repaso da unidade 4, tanto de CCSS (que está sen rematar pero é repaso de 1º) e de CCNN. Hai moitos vídeos cos que se pode completar a información deses temas.
Igualmente, podedes visitar todos os enlaces que enviei os primeiros días, os doutras seccións da web do cole e o blog de Bibliosinde, que ten unha interesante proposta para vacacións: contar un conto en familia e grabalo para que logo todo o cole poida velo. Tedes a información en Bibliosinde.

Tamén vos suxiro 70 actividades para disfrutar en casa sen pantallas. Podedes velas aquí: https://drive.google.com/file/d/19ZmP-XqYYD96LYffB_ePJOkOS5GlX_Ms/view?usp=sharing

Hoxe o Centro fíxovos chegar as notas. Como xa vos dixen onte, estou á vosa disposiciópn para calquera aclaración ou comentario sobre elas en mercedesclasesinde@gmail.com  . Estarei dispoñible ata esta tarde ás 19:00horas.

Saúdos a todas e todos e felices vacacións! Despídome de vós polo blog ata o martes 14 de abril. Oxalá poida dicir que ese martes nos vemos no cole, pero polo desenvolvemento dos acontecementos creo que teremos que esperar un pouco máis na casa. O importante é que entre todos consigamos superar esta situación. Seguro que si. Só hai que ter un pouco máis de paciencia e pensar que esta é a mellor forma de coidarnos como individuos e como sociedade. Ante a máis que probable continuidade en casa, pídovos que leades atentamente a seguinte entrada. Grazas!

Moito agarimo para todas e todos.

Mercedes

jueves, 2 de abril de 2020

Traballo CCSS 2/04

Para hoxe propoño ler moi ben a unidade 3 e completar o repaso en estes exercicios (poden facelos oralmente ou por escrito, ou combinar ambas cousas).
Exercicios: https://drive.google.com/file/d/1KkNFEFC_BvBa4685G9RzkSST-VnBJ_hu/view?usp=sharing

Traballo matemáticas 2/04

Enlace:https://drive.google.com/file/d/1KgmuSt1DUxnWmoTkgpJ8FXM0fgkBw_ro/view?usp=sharing

Traballo LC 2/04

Texto para trabajar:https://drive.google.com/file/d/194X1t8ET4ZtaSAvH23d7om-_U_TsUvrB/view?usp=sharing 

Bos días, xoves 2 de abril

Ola familias!
Hoxe deixarei propostas de traballo de CS, matemáticas e LC. Pero antes quero lembrarvos varias cousas importantes
--> Vaise pechar pronto o prazo para enviar fotos do que vedes desde a vosa ventá para poder ter todas as vistas no blog de Bibliosinde nunha segunda presentación. Podedes envialas a bibliosinde@gmail.com. A primeira publicouse o 30 de marzo. Igualmente seguen as novidades diarias neste blog, todas chulísimas.😊
--> No enlace de Orientación tedes unha proposta para facer visible o Día Mundial do Autismo, que se conmemora hoxe.😏
--> Mañá recibiredes os boletíns da segunda avaliación. As cualificacións baséanse no traballado na aula ata o 12 de marzo. Para calquera dúbida, comentario ou aclaración sobre elas, podedes contactar comigo no e-mail mercedesclasesinde@gmail.com, mañá de 🕘 9:00 a 14:00 🕑 e de 🕓16:00 a 19:00 🕖 horas ou xa á volta das vacacións de semana santa (martes 14 de abril).
Saúdos!